Coa nosa xestión comprometémonos a un aumento considerable do número de visitas e da venda de produtos do monumento. Dispomos de software de creación propia que nos permite ter en todo momento un seguimento preciso das estatísticas de venda.
En definitiva, artiSplendore traballa a mellora da visita turística, o enriquecemento da mesma, a implementación de máis servizos e, como non, a xestión integral da institución no referido ao turismo. Axudamos a mellorar as cifras de explotación da visita turística.
É unha plataforma de xestión e venda de entradas que permite a súa comercialización a través de múltiples canles de venda para chegar ao maior número de clientes potenciais. Esta ferramenta ofrece diversas solucións para a compra e é controlable dende calquera lugar cun só clic.
Todo o sistema “front-office” (in situ) está orientado ao seu manexo doado, con tipografías amplas e cores escuras que permiten concentrar a visión no que realmente importa; todo cun deseño impecable desenvolvido polo noso departamento de deseño e comunicación.
Co sistema TPV de Vocces o xestor ou propietario do conxunto monumental poderá dispor da información de forma detallada e dende calquera parte do mundo. Tamén coñecerá o estado das visitas, facturación, tipoloxía, caixa, vendedores, informes en varios formatos, etc.
Vocces é a entidade comercial de artiSplendore que aglutina os produtos tecnolóxicos i+D+i
Vocces centra a súa actividade principal na implantación de servizos de audioguías e guiados de grupo en espazos culturais, dando servizo a máis de tres millóns de turistas todos os anos nos máis de cincuenta monumentos nos que traballamos, converténdonos así nun referente do sector.
Máis información en vocces.com
ARTISPLENDORE ITALIA