Valores
Oportunidade e innovación son dous termos que adquiren especial significado na nosa empresa.
A nosa filosofía é a das oportunidades. Ofrecémonos como unha oportunidade coa que mellorar a xestión do monumento e acompañamos ao cliente para aumentar a calidade da visita cultural.
Somos conscientes da importancia do equipo humano, investimos nel a nivel de empresa e en todos e cada un dos activos culturais que xestionamos.
Actualmente, máis de 50 monumentos de España e Italia reciben servizos por parte de artiSplendore. Máis de 3 millóns de turistas ao ano benefícianse dun concepto de visita cultural baseado na profesionalidade, responsabilidade e innovación.
O noso propósito é pór en valor o amplo patrimonio cultural e satisfacer con excelencia a clientes e visitantes.