Retail

 

En artiSplendore cremos na importancia de proporcionar aos visitante produtos exclusivos que recollan o significado e as características do monumento en cuestión, sempre apostando pola vangarda, a exclusividade, a funcionalidade e o respecto que esixe o lugar.

 

Os espazos habilitados para as tendas requiren a participación de profesionais de distinta índole. Interioristas, arquitectos e carpinteiros encargaranse de proxectar o espazo máis acertado, adaptando o mobiliario necesario e mimetizando o seu deseño sen perturbar a función principal do monumento.

Deseño de Souvenirs

Un gran grupo humano formado por deseñadores gráficos e ilustradores velarán por crear un produto único, axustado ás necesidades do cliente e do visitante.

 

No deseño destes souvenirs prímase como imaxe a arquitectura do conxunto monumental, as obras de arte e as imaxes de devoción. Dentro da diversidade de produtos ofertados destaca unha nova liña xurdida co nacemento da nosa editorial: a posibilidade de adquirir un libro recordo do activo cultural que se visita con toda a información histórica e artística necesaria e cun coidado traballo de deseño, maquetación e ilustración que o converte nunha publicación especial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies