Deseño Gráfico e Web

 

En artiSplendore cremos que os monumentos precisan deseño para crear e adaptar a súa imaxe de acordo á súa realidade e función dentro da sociedade. O noso equipo de deseñadores e ilustradores encárgase de proporcionar unha marca personalizada a través de diferentes soportes: web, redes, publicacións, publicidade…

 

É vital establecer unha identidade corporativa que fale do monumento por si só e que lle outorgue prestixio e profesionalidade. Os nosos creativos estudan e propoñen unha imaxe representativa única de cada activo cultural en contacto co cliente. Creamos unha imaxe duradeira e actual.

 

Coa posta en marcha da web do monumento preténdese crear un espazo comunicativo cun deseño elegante, funcional e intuitivo que dispoña dunha arquitectura de contidos máis centrada no usuario. Trátase dunha firme aposta pola información adaptada ás novas tendencias tecnolóxicas. O traballo de deseño, redacción e ilustración que proporcionamos a cada web convértea nunha ferramenta funcional, única e actual.

Identidade corporativa – Logotipos

Deseño web – O seu lugar na rede

Ilustración – A man do artista

Comunicación

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies